Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames ten 9,3 millóns de remanente e elixe como días festivos o 10 de abril e 18 de maio

A Maía. O Concello de Ames celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto para aprobar a Conta Xeral 2021 –que se pechou cun resultado orzamentario axustado de 1.750.000 euros e un remanente de tesourería de 9.366.000 euros–, e os festivos: o 10 de abril e 18 de maio. Será este xoves, ás 20.30 h.

Ademais, a Corporación vai ratificar o decreto de cambio de responsable do contrato do servizo de limpeza viaria e xestión do punto limpo e o proxecto modificado de melloras básicas nas condicións térmicas e acústicas no pavillón do Milladoiro, que suporá un suplemento extra cifrado en 94.506,38 euros.

Tamén se debaterá sobre a aprobación da prórroga do convenio para a asunción pola Xunta da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de Policía Local e ás prazas de auxiliares , así como ás reservadas para os vixiantes municipais. M. Outeiro

08 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.