Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames xa ten debuxados os seus orzamentos, de trinta millóns de euros

As contas apostan polos servizos básicos cunha partida para o novo contrato de limpeza viaria e polo investimento público

O goberno municipal de Ames presentou o novo orzamento para o exercicio 2021, que ascende á cifra de 29.888.000 euros, incrementándose en 2.518.000 euros (9,20%) con respecto ó ano anterior.

As cifras recollen un forte compromiso en servizos básicos cunha partida para o novo contrato de limpeza viaria; e un incremento de crédito para as áreas de educación e servizos sociais, así como unha forte aposta polo investimento público. O obxectivo é debater a aprobación de dito orzamento nun pleno extraordinario o vindeiro día 11 de marzo.

As principais áreas de gasto son servizos básicos (benestar comunitario) con 6.798.632,18 euros (22,75%); educación e conciliación con 5.565.436,51 euros (18,62%); servizos sociais con 2.595.160,44 euros (8,68%); urbanismo con 2.520.425,44 euros (8,43%); e administración xeral con 2.014.715,17 euros (6,74%). Estas cinco áreas supoñen o 65,22% do orzamento. A sexta área en importancia é a de cultura e mocidade cunha partida de 1.438.918,36 euros (4,81%), seguida da área de seguridade e mobilidade con 1.348.412,80 euros (4,51%). De seguido, están as áreas de política económica e fiscal con 1.311.186,78 euros (4,39%) e a área de deportes cunha partida de 1.197.481,97 euros (4,01%).

O goberno municipal tamén destaca que se vai facer unha forte inxección de fondos públicos en investimentos que conta cun crédito de 6.164.000 euros, a maior cifra de investimentos dos últimos dez anos, incrementando en 1.050.000 euros nun 20,54% respecto do exercicio 2020.

Nestas partidas inclúense importantes actuacións previstas na EDUSI Impulsa Ames por importe de 1.802.000 euros en diferentes áreas: Urbanismo con 839.000 euros para a creación da améndoa central en Bertamiráns; Servizos sociais co deseño e implantación dun programa de inserción de colectivos e a rehabilitación dun edificio público como vivenda social con 94.000 euros; e Transporte urbano coa posta en marcha dun transporte municipal sostible cun crédito de preto de 650.000 euros.

Inclúense tamén os investimentos do POS+2021, por importe de 1.168.000 euros, que contemplan varias obras nas áreas de Vías públicas, Deportes, Estradas, Camiños veciñais e Cultura.

Tamén cómpre destacar fortes achegas na área de pavimentación e vías públicas; melloras en accesibilidade; cambio de todo o alumeado público do rural cun investimento neste ano de 1.156.000 euros; dotación de mobiliario para o coworking A Proa; reforma do Centro de formación ocupacional; ampliación de instalacións deportivas no pavillón de Bertamiráns, cun crédito de 215.000 euros; e outras instalacións deportivas; obras en camiños veciñais; actuacións tamén na área de Administración Xeral (dixitalización do arquivo do departamento de Urbanismo) e patrimonio municipal, con obras de acondicionamento e reforzo de locais; e actualización do inventario municipal.

Por último, hai que salientar o reforzo, mellora e ampliación dos servizos nas distintas áreas cunha dotación que acada os 12.840.000 euros, un 42,96% do total do orzamento, incrementando en 817.900€ (6,80%) respecto do presuposto de 2020.

04 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.