Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Amplían prazos para que os mozos aporten ós orzamentos amesáns 2020

As concellarías amesás de Economía e Facenda e a de Participación Veciñal amplían o prazo para presentar propostas ao proceso de Orzamentos Participativos 2020. Dita ampliación ata o día 30 realízase debido ao atraso que houbo no inicio do curso escolar en Secundaria.

Deste xeito, o próximo mércores, 14 de outubro, está prevista unha xuntanza coas directoras do IES de Ames (en Bertamiráns) e do IES do Milladoiro. O obxectivo é establecer unha toma de contacto e presentar a iniciativa para establecer as canles de información coa mocidade amesá. O goberno municipal quere realizar un traballo conxunto cos centros educativos de Secundaria, para dar a coñecer esta iniciativa e implicar á mocidade a que presente propostas.

Pero, do mesmo xeito, iniciáronse os contactos coas asociacións culturais, sociais, veciñais e deportivas rexistradas en Ames, enviándolles a información e animándoas a participar nesta iniciativa. Presenta a túa proposta a través dun formulario web, por teléfono 674 805 085, enviando a ficha de propostas por correo electrónico ao enderezo opames2020@cidadania.coop ou presencialmente.

A concelleira de economía e Facenda, Genma Otero indica que “o atraso que houbo no inicio do curso escolar en secundaria obrigounos a mudar as datas previstas para comezar a traballar coa mocidade nos centros educativos. Estivemos esperando a que os equipos directivos dos centros e mestres organizaran o comezo do curso e a que se incorporaran as mozas ás aulas”. Lembrar que no 2019 optaron por destinar case 50.000 € a dous anfiteatros.

12 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito