Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ana Peleteiro une os seus valores a Únicla

ames. Arranca a nova campaña dixital de Únicla da man da atleta galega de proxección internacional Ana Peleteiro na que se pon en valor os atributos que comparten e definen a marca e a atleta: paixón, entrega, sacrificio, esforzo e compromiso. Estará activa durante este mes de novembro e o vindeiro mes de decembro e será a actual campioa de Europa en triplo salto en pista cuberta a encargada de acercar aos consumidores, como embaixadora da marca, as virtudes deste leite 100% natural, saudable e sostible dende o punto de vista medioambiental e de benestar animal, en medios dixitais e redes sociais. Altamente comprometida con Galicia, a deportista ribeirense de elite representa e comparte os atributos do leite Únicla. A identidade, a promoción de hábitos de vida saudable e a sustentabilidade serán os eixos temáticos que fusionen o discurso de Ana Peleteiro coa esencia do leite Únicla. O obxectivo é o crecemento conxunto de dúas marcas de vangarda comprometidas co relevo xeracional, a sustentabilidade e o desenvolvemento integral e Galicia. No vídeo da campaña a atleta confesa que unha vez que probou Únicla pensou: “O sabor é dun leite que vén da miña terra”. Destaca que aparte da calidade o segredo de Únicla está nun entorno de traballo que mima o produto, para rematar a súa intervención de xeito contundente: “É diferente a todas as demais. Sabe a leite”. m.b

03 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.