Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Andaina contra a violencia polas Terras de Compostela

Ames. Máis de setenta persoas participaron o pasado sábado na andaina O rural contra a violencia de xénero que organizou o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Compostela, dentro da campaña na que participaron os vintecatro grupos de desenvolvemento rural de toda Galicia que actuaron coordinados pola Axencia Gaelga de Desenvolvemento Rural (Agader).

Indicar que no caso de Terras de Compostela, a andaina realizouse entre a igrexa de Trasmonte, no municipio de Ames, seguindo o trazado do Camiño de Santiago ata o auditorio novo de Negreira. No seu percorrido, as persoas participantes fixéronse unha foto de grupo na ponte romana de Ponte Maceira.

A comitiva que presidiu a andaina estivo encabezada pola presidenta do GDR, Guarina Rey, acompañada dun grupo de nenos e nenas. Na mesma, ademáis de representantes de diferentes colectivos e asociacións que forman parte do GDR, participaron os alcaldes dos municipios de Ames, Brión, A Baña, Negreira, Santa Comba, Boqueixón e Vedra.

VIDEOCONFERENCIA. Ao rematar o percorrido, e xa no auditorio da capital barcalesa, Negreira, todas as persoas asistentes participaron nunha videoconferencia coa directora xeral de Agader, Inés Santé, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que participaron tamén en sendas andainas na provincia de Lugo. s. e.

15 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.