Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Andaina Pro Saúde Mental expón pinturas no Concello de Dodro

Son un total de trinta acrílicos que tiveron gran acollida, pois xa hai varios reservados

Dodro. O concelleiro de Servizos Sociais e Benestar de Dodro, Xoán Bautista Mariño, segue pondo en marcha distintas actividades neste verán. Esta semana presentou unha exposición na vila composta de cadros realizados pola Andaina Pro Saúde Mental.

Trátase da primeira vez “que unha casa consistorial brinda as súa sede para expoñer cadros”, sinalou agradecida ao respecto Omaira, cofundadora de Andaina P.S.M.

A inauguración contou coas persoas creadoras das obras, veciños, responsables da entidade, o concelleiro de Servizos Sociais e Benestar e o alcalde, Xabier Castro. Xoan Bautista Mariño agradeceu “o traballo, a ilusión e a arte que emanan as obras” e lembrou a implicación da súa área e do resto do goberno coa asociación sen ánimo de lucro “que se incrementou substancialmente neste mandato”, aseguran dende o Concello. A idea é, según din, seguir apostando pola inclusión social, colaborando con axudas anuais, charlas organizadas dende Servizos Sociais e Benestar e difundindo o seu labor como neste caso.

O acto serviu tamén para a entrega de diplomas ás artistas que viron como os seus 30 acrílicos, de distintos tamaños, quedaban colocados no primeiro andar, nas escaleiras e no primeiro piso das oficinas xerais da casa consistorial en Tallós. As obras expostas tiveron moi boa acollida e xa quedaron algúns cadros reservados ao acabar a inauguración, que pechou o alcalde incidindo “no compromiso deste goberno con estas e outras asociacións”, dixo.

Andaina Pro Sáude Mental é unha asociación sen ánimo de lucro que enche o baleiro de atención para persoas e familiares con problemas de saúde mental das zonas rurais próximas a Santiago. c.e.

24 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.