Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Andainas saudables nas urbes durante unha hora

Ames. A concellaría de Benestar Social de Ames só lle pide unha hora do seu tempo para poñerse en forma. Trátase do programa Saudeando, que volve a poñer en marcha as andainas saudables ás que pode asistir calquera veciño.

Desenvolveranse os xoves, unha semana en Bertamiráns e outra en Milladoiro. Partirase dos Centros de Saúde ás 17.30 e realizarase unha ruta circular de aproximadamente unha hora. O vindeiro xoves, 6 de maio, terá lugar a primeira andaina no Milladoiro e haberá outras dende a localidade o 20 de maio; 3 e 17 de xuño; 9 e 23 de setembro; 7 e 21 de outubro; 4 e 18 de novembro e 2 e 26 de decembro.

En Bertamiráns, as citas para camiñar en grupo establécense para os días 27 de maio, 10 de xuño, 2, 16 e 30 de setembro, 14 e 28 de outubro, 11 e 25 de novembro e 9 e 23 de decembro. Adoita acompañar estes paseos o monitor de marcha nórdica, Ricardo Angueira, que empresta material. m. manteiga

05 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.