Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Animan a darlle pulos á lingua na rede participando con vídeos curtos no Galetiktokers

Deben subilos a Internet antes do día 19, incluíndo sempre o galego e deixando á marxe mensaxes violentas

A Maía. A rapazada que desexe participar no certame Galetiktokers pode facelo ata o vindeiro día 19 con só gravar un vídeo onde teña presenza o galego e subilo a Tik Tok. Son dous sinxelos pasos para acadar os obxectivos da segunda edición do certame, que van dende estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas ata darlle visibilidade á crecente comunidade galega nesa rede social.

Nesta edición poderá participar rapazada a partir dos 13 anos de calquera parte do mundo, enviando o seu vídeo e a ficha de participación ao enderezo electrónico galetiktokers21@gmail.com. Entre os participantes repartiranse catro premios de 150 euros nunha gala que se celebrará o día 16 de decembro na casa da cultura de Bertamiráns.

Os departamentos de Mocidade e Normalización Lingüística de Ames únense por segundo ano consecutivo para buscar o talento da xente moza e para espallar a nosa lingua na Rede. Conseguir esas dúas premisas é tan sinxelo como gravar un vídeo de entre 15 e 60 segundos e subilo ás redes sociais e, ademais, facelo ten premio. Madia leva, deben incluír o galego e evitar a violencia.

Poden participar mozos e mozas a partir dos trece anos, repartidos en dúas categorías en función da idade. A primeira categoría inclúe á rapazada dos 13 aos 16 anos (ambas as idades incluídas) e a segunda engloba a mocidade a partir dos 17 anos.

Como novidade da presente edición, pode participar calquera persoa, sen ter que ser veciño ou veciña do concello. O concurso reparte catro premios de 150 euros, dous por categoría de idade. Dous dos premios decidiraos o xurado que se nomee e os outros dous escolleraos o público, dado que serán para as pezas audiovisuais con máis gústame no perfil de Instagram da OMIX de Ames (@omixames). M. Outeiro

13 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.