Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Animan a que os teenses esixan diante da Deputación as actuacións sen atender

O BNG vén de presentar na sede electrónica a solicitude dun paso de peóns en Cacheiras // Aseguran que o Concello adía a solución ata que executen alí unhas obras

O BNG de Teo anima a rexistrar directamente na Deputación da Coruña as petición para actuar nos viais provinciais, como a solicitude dun paso de peóns na estrada CP-8202 (na altura do cruce coa Travesía de Cacheiras) que o bipartito local “non semella ter presa en arranxar”, apunta o seu voceiro, Manuel Barreiro.

O grupo municipal do Bloque, na súa liña de traballo “a prol de incrementar a seguridade viaria”, solicitou en repetidas ocasións no pleno do Concello que se instara á Deputación, a titular da vía, a sinalizar o paso de peóns neste punto xa que é unha zona de moito tránsito de vehículos e de xente. O goberno municipal respondeu que estaba previsto nas obras planificadas dende hai dous anos para a vía, e que non se podía facer nada ao respecto até a execución das devanditas obras.

O portavoz municipal, Manuel Barreiro, rexistrou xa a petición por escrito na sede electrónica e agarda que en breve se teña unha solución satisfactoria a un “grave problema de seguridade viaria”.

04 may 2021 / 13:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.