Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Animan a veciñanza amiense a coñecer os Camiños

Organizan para este sábado unha xornada de promoción das rutas en Bertamiráns

Ames. O proxecto Coñece os camiños, que lidera a Orden del Camino de Santiago celebra o vindeiro sábado en Ames unha xornada de promoción das rutas. Desde as 11.30 da mañá, a casa da cultura de Bertamiráns converterase na sede dun evento que incluirá actuacións musicais e conferencias sobre os camiños e a súa influencia sobre os lugares por onde pasa.

Ademáis, está prevista unha saída guiada e teatralizada polos lugares máis emblemáticos do concello. Tanto as persoas que desexen participar na xornada como aquelas que queiran só acudir á saída deben anotarse no enderezo electrónico turismo@concellodeames.gal.

A xornada comezará ás 11.30 coa recepción, por parte das autoridades de Ames, aos membros da Orden del Camino de Santiago. Ás 11.45 está prevista a actuación do grupo As Maianas. Seguidamente, ás 12.00 horas Jesús Ares Vázquez, presidente da Asociación de Turoperadores de Galicia, ofrecerá unha conferencia que leva por título O Camiño de Santiago, camiño Cultural Europeo.

Despois, ás 12.35, Bruno de Llano Gómez, especialista en xestión local e autonómica de Ecoembes falará sobre La sostenibilidad en el Camino. O Camiño da Ría Muros-Noia será o obxectivo do último dos relatorios da mañá que correrá a cargo da arqueóloga Sofia Baquero Vidal.

Indicar que a xornada aproveitarase para dar a coñecer á veciñanza de Ames algúns dos seus lugares máis emblemáticos do concello compostelano. arca

08 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.