Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Animan aos veciños de Teo a remitir por escrito as protestas polos buses

teo. O Concello de Teo asegura que nos últimos días está a rexistrar “numerosas chamadas” informando de incumprimentos de horarios e frecuencias por parte da empresa adxudicataria do novo servizo de transporte de viaxeiros na AC-841.

A pesares de que a licitación dos servizos de transporte de viaxeiros é unha responsabilidade da Xunta, dende o Concello aseguran sentirse “moi preocupados por esta situación, que non responde aos compromisos adquiridos” polo Goberno galego a través dos pregos de licitación. Por iso, animan ás persoas que detecten incidencias e incumplimentos a que envíen “un correo informando da situación a mobilidade@teo.gal. Así, poderase facer un seguemento destes problemas e dar traslado á Xunta”.

RADÓN. Por outra banda, o Concello de Teo pon en marcha, en colaboración coa USC, un estudo de medición de gas radon en vivendas de Teo. O Laboratorio de Radon de Galicia será o encargado do traballo técnico que se realizará nos vindeiros meses e farase en 180 vivendas unifamiliares do Concello. As persoas interesadas en participar no estudo teñen un prazo para anotarse, dende o 5 ao 25 de outubro, cubrindo a instancia na web ou na casa do concello. m.m.

26 sep 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.