Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Anotacións en prazo para a nova edición de Youtubeiras

Ames. Youtubeiras vén de abrir o prazo de inscrición para a sexta edición dos seus premios. Trátase do proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación no Youtube en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís dos xeradores de contidos na Rede.

As bases que rexen esta nova convocatoria, obxectivos, datos de participación da última edición e o xurado que decidirá os galardóns en xaneiro foron as novidades anunciadas en Pontevedra. Así, nas categorías (o prazo para optar remata o 15 de novembro) aparece por vez primeira o apartado de youtubeira revelación. Ademais, modifícanse as contías dos premios en metálico: todos os galardóns (suman 7.500 €) contarán con mil euros de dotación, agás o do público ao que se reservan 500 €, e este ano volverán admitirse as canles que só teñan un vídeo público, a diferenza da anterior convocatoria na que se requirían mínimo 5.

Conformarán o xurado (que decidirá quen gaña en 7 das 8 categorías) Olaxonmario, Mónica Fernández, Carmen Nieto, Elvira Nercellas e Alba Rodríguez. M. Outeiro

28 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.