Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Anxo Angueira renova o cargo de presidente da Fundación Rosalía

Desde que asumíu o mando no ano 2012, as visitas ao museo aumentaron un 260 %

Padrón. O plenario da Fundación Rosalía de Castro elixiu o xoves a Anxo Angueira Viturro como presidente desta institución durante catro anos máis. O profesor da Universidade de Vigo foi elixido por unanimidade nun proceso no que era o único candidato. Canda el, forman parte da candidatura gañadora Ana Blanco como vicepresidenta; Xosé Carlos Beiró secretario; Xosé García Lapido tesoureiro; e como vogais Xosé Luís Axeitos, María López Sández e Chus Pato.

Angueira foi elixido presidente da entidade en 2012. Desde entón as visitas á Casa-Museo incrementáronse nun 260%: pasando de 8.655 a 22.463 en 2019. Asemade, a fundación pasou dunha taxa de autofinanciamento do 20% en 2012 a un 45% en 2019, cifra considerable na nosa contorna cultural.

Alén destes datos, a Casa de Rosalía incrementou exponencialmente os proxectos e actividades desde 2012. Ademáis da desexada reforma do interior da casa e da súa renovada musealización, catalogouse e dixitalizouse todo o fondo documental e acondicionouse unha sala para o arquivo, que xa está a disposición dos investigadores; dinamizouse a súa presenza na web e nas redes sociais; incrementouse o seu patrimonio coa chegada de novos obxectos, artísticos ou non, como o cadro de Brocos e diferentes pezas de Ovidio Murguía; publicouse a súa obra completa, entre outros libros; relanzouse a celebración do Día de Rosalía e puxéronse en marcha ducias de actividades.

Anxo Angueira Viturro (Manselle, Dodro, 1961) é doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Vigo. No ámbito da creación literaria publicou obras poéticas e narrativas e ensaios.

En 2010 ingresou na Fundación Rosalía de Castro ocupando o posto de vogal. s. e.

19 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.