Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Apego esgotou as prazas da visita a Carballolandia

A Maía. Apego de Ames propón para este mes de maio, unha viaxe coa intención de pasar unha xornada no eco-espazo de Carballolandia, á beira do río Miño na Ribeira Sacra, que esgotou xa a as prazas previstas ante a demanda xerada. A convivenvia chegará o sábado 7 de maio, con saída e regreso en autobús desde o Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O autocar sairá ás 9.30 horas para volver ás 21.00 horas, aproximadamente. As inscricións para a actividade, de balde, foi dirixida ao público familiar. Carballolandia é un ecoparque situado no Concello de Chantada, na Ribeira Sacra, á beira do río Miño, un espazo natural ideal para que grupos e familias gocen do entorno e das diferentes actividades ao aire libre. Hai que levar comida e bebida, e tamén visitarase o Ecomuseo do Pazo de Arxeriz. As familias interesadas poden sumarse a Apego en apego.gal, chamando ó 662 377 215 ou por email (normalizacion@concellodeames.gal). M. Outeiro

02 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.