Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Apoio parlamentario para evitar peches de Abanca

A Baña. A deputada do PSdeG Noa Díaz vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para urxirlle á Xunta que inicie a mediación coa entidade Abanca para frear a súa intención de pechar a sucursal do Concello de A Baña o próximo día 8 de setembro.

A responsable socialista lembra que esta é a última sucursal bancaria do Concello, que pasará a engrosar a lista de exclusión financeira de Galicia. Ademais, reclama xestións inmediatas para frear esta decisión co único obxectivo de maximizar beneficios, por canto se trata dunha oficina que non da perdas, foi reformada hai tan só oito meses e ademais sitúase nun local propiedade da entidade bancaria.

O peche da sucursal, sinala, “afectará sen dúbida á economía da zona, nomeadamente servizos, hostalería e comercio”, mentres a veciñanza, na súa maioría integrada por persoas maiores, “deberá desprazarse a un concello contiguo para realizar calquera xestión ou trámite bancario que precise”. Así o ten manifestado tanto a poboación do Concello como os tres grupos políticos representados na corporación municipal (PSdeG, PP e Compromiso por Galicia).

Díaz alerta de que o proceso acelerado de dixitalización das entidades financeiras “ignora a fenda existente neste eido para moitos colectivos, sinaladamente xente maior que vive nos concellos rurais”. M. Outeiro

18 ago 2021 / 15:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.