Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arde unha casa en Val do Dubra sen que se rexistren danos persoais

Un incendio rexistrado este mércores pola tarde nunha casa da parroquia de Arabexo, no concello de Val do Dubra, deixou parcialmente destruída a vivenda, unha edificación de pedra. O aviso foi recibido ás 18:30 horas, e acudiron ao lugar membros de Protección civil de Val do Dubra, bombeiros de Santa Comba, Garda Civil e unha brigada de incendios cun axente forestal e unha motobomba. No aviso dixeron que estaba ardendo a cheminea, desde onde podería terse extendido o lume a toda a casa, que estaba ocupada por dúas persoas que tiveron tempo a saír e non sufriron danos. O incendio quedou extinguido arredor das 21:15 horas do mesmo mércores.

14 jul 2021 / 23:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.