Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 23 septiembre 2020
02:20
h

Arredor de 230 rapaces e rapazas participaron este verán nos campamentos municipais do Concello de Ames

Este ano ampliouse a oferta da Concellaría de Transición Ecolóxica respecto dos campamentos urbanos que se desenvolven nas instalacións da Aula da Natureza

O Concello de Ames organiza para todos os veráns un programa de campamentos municipais. Este ano houbo varias novidades. Deste xeito, ampliouse a oferta da Concellaría de Transición Ecolóxica respecto dos campamentos urbanos que se desenvolven nas instalacións da Aula da Natureza. O programa de campamentos municipais rematou o pasado 5 de setembro coa finalización do campamento que se realizou na Granxa escola O Kiriko, en Fornelos de Montes. Entre os campamentos dirixidos ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato, así como a rapazada que participou nas actividades da Aula da Natureza, en total este verán participaron neste programa 228 rapaces e rapazas.

As estritas medidas de seguridade que impuxo a pandemia do coranavirus non impediu que moitos rapaces e rapazas de Ames gozaran dos campamentos que as Concellarías de Transición Ecolóxica, que xestiona os campamentos a través da Aula da Natureza, e de Mocidade, organizaron durante este verán. Grupos reducidos, máscaras, respecto da distancia de seguridade e das normas de hixiene, e actividades por quendas son algunhas das medidas que a nova situación impuxo nos campamentos de verán.

Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro desenvolvéronse sete campamentos, que estiveron dirixidos a rapaces e rapazas que cursan estudos de primaria, secundaria e segundo curso de bacharelato. Os campamentos dirixidos ao alumnado de primaria están organizados pola Concellaría de Transición Ecolóxica. Nestes campamentos participaron un total de 108 rapaces e rapazas que foron de campamento á Granxa escola Corazón de Carballo (Tomiño); Naturmaz (Mazaricos); Ecoalbergue Alvarella (Fragas do Eume); Cámping praia O Terrón (Vilanova de Arousa); e Granxa escola O Kiriko (Fornelos de Montes).

No campamento Corazón de Carballo, os rapaces e as rapazas aprenderon a facer queixo, coidaron da horta, alimentaron o gando, fixeron shows musicais e televisivos nos que tiveron a oportunidade de entrevistar a supostos pirómanos e turistas que sementaban lixo polos montes e crearon “Minimundos”, pequenos ecosistemas en botes de cristal que poden sobrevivir, xa na casa dos rapaces, durante décadas. No campamento de Naturmmaz a rapazada gozou da que din unha das maiores tirolinas de Galicia. Ademais fixeron tiro con arco, paintball, kayac e todo tipo de xogos de auga. Porén, a actividade que deixou máis abraiados foi a manta raia xigante, arrastrada por unha zodiac, na que tiveron a oportunidade de navegar.

No campamento Ecoalbergue Alvarella participaron nunha ruta polas Fragas do Eume. Tamén fixeron actividades de tiro con arco no Castelo de Andrade, rutas de kayac, talleres de reciclaxe, actividades de piscina, e sobre todo os refuxios, “vivacs”, que eles mesmo construíron para pasar a noite no monte. No cámping do Terrón, en Vilanova de Arousa, os rapaces e as rapazas tiveron a oportunidade de durmir en tendas xigantes. Neste campamento, a rapazada fixo moito deporte marítimo e ademais tivo a oportunidade de coñecer a fauna mariña e as algas. Natación, kayak, submarinismo, windsurf foron algunhas das actividades que tiveron ocasión de practicar. Por último, na Granxa escola O Kiriko participaron en actividades ambientais, rocódromo, tirolina, actividades de kaiak, padel surf, grandes veladas, etc.

CAMPAMENTOS XUVENÍS DA OMIX. Por outra banda, a Concellaría de Mocidade realizou dous campamentos no cámping praia O Terrón (Vilanova de Arousa) e no cámping Mougás (Oia). Nestes dous campamentos participaron 60 mozos e mozas de educación secundaria e segundo curso de bacharelato. Houbo 30 participantes en cada campamento cubrindo todas as prazas ofertadas.

En ditos campamentos participaron en actividades de sendeirismo, kaiac, body boar e skin board, slackline e deportes acuáticos e de montaña. Tamén participaron en visitas ao Grove, a Baiona e as Illas Cíes, durmiron en tendas glamping, e gozaron das tradicionais veladas nocturnas.

CAMPAMENTOS URBANOS DA AULA DA NATUREZA. Unha das novidades do programa de campamentos de verán deste ano foi a ampliación da oferta da Concellaría de Transición Ecolóxica respecto dos campamentos urbanos que se ofrecen na Aula da Natureza. Deste xeito, realizáronse tres quendas con 20 participantes cada unha. En total nos campamentos urbanos da Aula da Natureza participaron 60 rapaces e rapazas.

Este campamentos foron os que máis demanda tiveron durante este verán. A primeira quenda, que se desenvolveu do 22 ao 30 de xuño, en horario de 10.00 a 18.00 horas, incluíu servizo de comedor. As outras dúas quendas realizáronse do 6 ao 17 de xullo e do 20 ao 31 e xullo, ambas en horario de 16.00 a 20.00 horas.

15 sep 2020 / 16:02
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.