Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arrinca o Nadal en Padrón cun concurso de decoración de fachadas, balcóns e escaparates

Padrón. Co obxectivo de dinamizar a vila e de animar o rueiro de cara ao Nadal, o Concello de Padrón vén de dar luz verde ao primeiro concurso de decoración de balcóns, fiestras, escaparates e fachadas do municipio. O deseño desta iniciativa busca a participación activa da veciñanza e dos sectores do comercio e da hostalaría para crear unha imaxe global máis atractiva tanto para os habitantes como para o turismo. Os elementos decorativos de Nadal contribuirán así a embelecer e poñer en valor o patrimonio arquitectónico da vila.

Coa vista posta nunha campaña de Nadal marcada pola pandemia, Lorena Couso, concelleira de Turismo, incidiu na “necesidade de impulsar de xeito especial estas festas para manter viva a tradición e dinamizar o consumo na nosa vila”. O período de exhibición das decoracións deberá ser do 10 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos incluídos, e os adornos non poden causar, en ningún caso, molestias á cidadanía nin perigos a persoas ou bens. Poden participar todos aqueles maiores de 18 anos de idade que o desexen, e para facelo deben cubrir o formulario de inscrición e enviar tres fotografías ao enderezo turismo@padron.gal ata o 10 de decembro de 2020. A inscrición será de balde na Oficina de Turismo de Padrón, situada na planta baixa da biblioteca municipal ou no correo turismo@padron.gal .

Hai dúas categorías, particulares e empresas, que inclúen locais hostaleiros e comerciais. As empresas optan a un premio de 500 euros, os particulares de 250 € e o especial é de 100. As cuantías dos galardóns deben consumirse nos locais do comercio e da hostalería local. Asemade, a Asociación de Hostalería de Padrón aporta cinco vales de 20 € para consumir nos seus establecementos, que se sortearán entre os participantes na votación a través de Facebook na página de @TurismoPadrón. s. e.

14 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.