Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arrinca o prazo de axudas ás entidades deportivas

Ames. O tripartito que goberna o Concello de Ames informa sobre a convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo no exercicio 2021 polos clubs e asociacións deportivas locais. A contía destinada nesta anualidade é de 75.000 euros, e o prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais dende a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia, que tivo lugar o cinco de agosto.

Así, e co prazo para optar ás subvencións xa aberto, hai que lembrar que a convocatoria de axudas está destinada a promover as actividades de índole deportiva desenvolvidas por estas entidades, así como á adquisición de material inventariable cun límite dun 20 por cento do orzamento total. Non se subvencionará a realización de obras, nin gastos correntes (facturas de luz, teléfono ou intereses de contas bancarias). Ademais, o obxecto das axudas a financiar deberá ter sido efectuado sempre dentro do exercicio pasado. M. Outeiro

08 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.