Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arrincan os Seráns en Tapia coa obra ‘A illa sen tesouro’ de Ghazafelhos

A Maía. A praia fluvial de Tapia abre a programación de agosto dos Seráns de Ames coa proposta de teatro na rúa A illa sen tesouro, da compañía Ghazafelhos, este xoves 4. Trátase da quinta das oito xornadas desta iniciativa da concellería de Cultura, que desenvolve ao longo de todas as tardes de xullo e agosto diferentes actividades para todos en Bugallido e Tapia.

A illa sen tesouro é o espectáculo co que a compañía Ghazafelhos despregará a súa maxia, cunha escenografía dinámica en constante transformación. Nada en 2006 en Narón, esta troupe especialízase en espectáculos para o público familiar, xuntando xéneros como o teatro e o clown. A proposta que traerán a Ames supón unha referencia ao clásico literario, na que a través da participación do público, os catro actores da obra fiarán esta fabulosa aventura de piratas. O espectáculo promete música, bailes, pelexas de espadas e toda a acción que se espera dun relato como este, mesturada co humor presente nas producións de Ghazafelhos.

Ademais desta proposta, os Seráns de Ames contarán con tres paradas máis neste mes.

Así, o xoves 11, o campo da festa de Bugallido acollerá unha sesión de contacontos con Bibiana Calvo e Divina Fernández e o espectáculo A tropa do Doutor Milagre. Os Seráns volverán a Tapia o xoves 18, coa Foliada do programa Apego e a actuación de Pablo Díaz e Olga Kirk. Por último, o xoves 25 Bugallido pechará a programación cun espectáculo de maxia. M. Outeiro

04 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.