Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
O artista Arturo Álvarez ten expostas as pinturas do pequeno de Brión, Hugo Yáñez, no seu taller // Agardan que a mostra se faga itinerante TEXTO C. Estévez

Arte en Vedra para financiar a investigación da doenza de Dent

Hugo Yáñez é un neno de Brión diagnosticado coa enfermidade de Dent, unha doenza clasificada como rara que afecta aos riñóns e que carece de cura actualmente. A súa familia, a través de distintas colaboracións por parte de particulares ou empresas, está a loitar por darlle visibilidade e conseguir financiación para que se investigue.

A pintura, unha das grandes paixóns do pequeno, deu lugar tralo confinamento ao proxecto Art for Dent: unha serie de obras orixinais sobre lenzo da autoría de Hugo. Dende decembro poden verse no taller do artista Arturo Álvarez, en Vedrax, baixoo título Myselfie. Tamén teñen visibilidade a través das redes sociais e agárdase que este sexa o comezo dunha exposición itinerante por moitos outros espazos. A nai de Hugo, María Castelao, conta que cando Arturo coñeceu o proxecto, mostrouse dende un comezo moi solidario e disposto a abrirlles o seu taller. “Es un espacio maravilloso para poder mostrar el trabajo que comenzó hace apenas unos meses”, sinala. Para Hugo e a súa familia, a arte é unha “terapia para poder seguir luchando”. A través desta mostra buscan dar a coñecer a doenza e conseguir financiación mediante a venta dos produtos solidarios (camisetas, tazas ou mácaras ) que se poden mercar na web www.reizentolo.es. O beneficio ingrésase na conta de Vall d’Hebrón para esta investigación. Por certo, que acaban de lanzar unha camiseta chamada Pepe, o nome do cadro que ilustra.

19 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.