Arturo Cajaraville Gómez xa ten a súa travesía en Illobre

O alcalde Carlos Martínez, no centro, rodeado doutros políticos e familiares do homenaxeado. Foto: C. Vedra
Vedra. Arturo Cajaraville Gómez xa ten unha travesía en Illobre co seu nome. Foi unha iniciativa do Concello de Vedra sobre a que houbo un consenso unánime no pleno no que se aprobou, posto que todas as forzas políticas e sociais estiveron dacordo neste recoñecemento póstumo ao que foi xuíz de paz durante 40 anos. A intervención dunha das súas fillas en representación da familia durante a homenaxe foi o momento máis emotivo, posto que coas súas palabras chegaron os agradecementos e recordos de toda unha vida adicada aos demais.
O acto reuniu o presente e pasado da vida política vedresa así como por suposto á familia do homenaxeado. Desta forma, dende a pasada fin de semana Cajaraville Gómez xa ten oficialmente a súa travesía. C.E.
30 nov 2022 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.