Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Arzúa celebrará o 8 de decembro o seu noveno Día do Comercio Local

Están a organizar actividades, promoción e animación de rúa e piden apoio ós locais

Arzúa. O Concello de Arzúa organiza o noveno Día do Comercio Local o vindeiro mércores, 8 de decembro. Con esta cita preténdese continuar promocionando o comercio e a hostalaría do municipio aproveitando a proximidade da campaña de Nadal e a feira quincenal. Como en edicións anteriores, organizarase unha xornada con actividades, promocións e animación de rúa que este ano estarán adaptadas aos protocolos vixentes e situadas en diversos puntos da vila para favorecer o movemento do público e evitar aglomeracións.

Para poder deseñar unha proposta atractiva, o Concello pide a colaboración, por un lado, do comercio para que ese día ofrezan descontos, sorteos, vales de merca ou outras promocións. E, por outro lado, animan aos locais hostaleiros a que se involucren nunha ruta de tapas para promocionar a gastronomía e os produtos de calidade da zona, así como aos nosos restaurantes, bares e cafeterías. Como nas anteriores edicións, desde o Concello difundirase o evento, programaranse actividades e elaboraranse programas de man e cartelería con toda a información das actividades e das propostas que os locais comerciais e hostaleiros vaian definindo.

Os interesados en participar deberanse anotar no departamento de Cultura do Concello de Arzúa, chamando ao teléfono 981 500222 ou escribindo a cultura@concellodearzua.com do 22 de outubro ao 5 de novembro. A inscrición é gratuíta. s. e.

24 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.