Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As audicións de canto, piano e violín xa se poden ver polo YouTube local

Profesores e alumnos optaron por gravar videos dos concertos debido á pandemia

A Maía. O profesorado e alumnado da Escola de Música de Ames está a gravar diferentes vídeos para que a veciñanza poida ver o aprendido durante o curso, xa que, durante o último ano, limitáronse as actividades debido ás restricións marcadas pola COVID. E agora veñen de preparar varios vídeos de audicións feitas durante as últimas semanas, nas que participaron os grupos de violín, piano e canto (con tres audiovisuais). Estas pezas pódense ver nesta lista de reprodución no YouTube do Concello.

Nesta ocasión, pódense seguir audicións de violín de case 40 minutos e con 16 pezas, realizadas polos alumnos xunto coa profesora Aga Mainska. No vídeo está Noa Baltar, Aldara González, Itxasne e Aratz Fernández de Alaiza Eimil, Alicia e Alfonso Mosquera de Vera, Cristian Fábregas, Olaya e Cecilia Barrado, Iria Piñeiro, Héctor Méndez, Laura Casas, Noa e Carolina Díaz, Antonio Fernándes de Lima, Iván Domínguez, Carolina Rey e Roi Manteiga.

En canto ás de piano, os alumnos gravaron dezaoito vídeos, a maioría deles de forma individual, lembrando que tamén pódense ver na canle de YouTube que ten o Concello de Ames. Alba Agulla, Rafa Martín, Brais Lago, Pedro Fanego, Lucas Francos, Lucía Martín, Guille Barreiro, Daniela Hermo, Martina Gigirey, Noa Muíño, Eva Jiménez, Irene Avisani, Leo Ageitos, Danny Méndez, Thais Villar, Xoana Quintela, Noa Castiñeiras, Mariña Formoso e Diego Cernadas foron os intérpretes que deron o mellor fronte ao piano. m. m.

30 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.