Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘As cores de Neira Vilas’ é a fotografía gañadora do certame boqueixonés

A imaxe é unha vista de paxaro das Illas de Gres e Fernando Lueiro Balado é o seu autor

Boqueixón. As cores de Neira Vilas, unha fermosa vista de paxaro das Illas de Gres de Fernando Lueiro Balado, foi a imaxe gañadora da oitava edición do Concurso de Fotografía Paisaxes de Boqueixón. Trátase dun certame que ten como obxectivo fomentar a creatividade e a promoción e posta en valor da riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do municipio.

O xurado do certame, composto por Lorena González Vázquez (Lorena no Merlo Fotografía), Dolores Fernández Iglesias (fotoxornalista de Lindeiros.gal), Carlos Suárez González (xornalista de Nós Comunicación) e Rosario Iglesias Iglesias (técnica municipal de Cultura, con voz e sen voto), escolleron as tres imaxes gañadoras segundo criterios de calidade técnica, composición, impacto visual, mensaxe transmitida, creatividade e dificultade.

A proposta de Fernando Lueiro foi escollida entre as 99 fotografías presentadas a concurso este ano, o que supón un récord absoluto no certame, cuxo listón estaba nas 86 da sexta edición. De feito, as tres imaxes presentadas por Fernando foron escollidas entre as 12 integrantes do calendario 2023 do Concello.

O Pico Sacro foi o protagonista das outras dúas fotografías premiadas. Así, Belén Iglesias Carajaville conseguiu o segundo premio con Amencer no Pico Sacro, mentres que Elisabet López Carvalhais logrou o terceiro posto coa imaxe Noite no Pico. Os galardóns foron vales para canxear no comercio local. C. E.

11 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.