Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 27 enero 2023
17:38
h
ENTREVISTA
José Antonio Ucha Velo / Primer teniente de alcalde de Santa Comba por el PSOE

“As decisións municipais do rexedor tómanse na taberna con xente allea”

No aspecto do goberno municipal a cousa cambia: sentímonos como Sísifo, porque é un querer e non poder”

En xuño estará o PSOE, con vostede á fronte, na alcaldía xalleira?

Somos xente de palabra e, polo que a nós respecta, estase a cumprir estritamente co pactado e xa estamos a punto de rematar a metade da presente lexislatura, que é o momento no que ten que producirse o relevo na alcaldía.

Pode existir algún motivo para incumprir ese pacto?

Esta pregunta debería de dirixirse ao señor Barbeira que é quen ten que dar o paso para poder cumprir co acordado. De momento o único que sabemos del é que en diferentes entrevistas públicas nas que participou, ou sempre que se lle plantexou a cuestión, sempre se negou a contestar ou fíxoo con evasivas.

Cre que a oposición popular influíu nas polémicas e insultos que seguen a darse na política local?

Tanto o Partido Popular como o socialista, que representan ambos a 12 concelleiros dos 13 da Corporación, o que tratan de facer é defender lexitimante os seus posicionamentos, con respecto as regras democráticas; cada un baixo as súas ideas e plantexamentos e, en moitas ocasións, con posicionamentos antagónicos e confrontacións. O que se está a vivir nestes momentos é totalmente diferente. Non se están a respectar as normas mínimas da democracia e dun Estado de Dereito. A Corporación no seu conxunto está sometida aos caprichos e arbitrariedades dun sólo home que mesmo cambia a data aos plenos ordinarios que se desentende dos acordos plenarios aos que non lle da cumprimento, etc. Unha actitude constante de desafío e provocación; unha tolemia que mesmo levou a aprobar o POS cun sólo voto.

Case dous anos despois da investidura... como definiría o trato do mandatario, e único edil de CxG, cara a súa formación política?

De total deslealdade para con nós. Apartounos totalmente das decisións de goberno. A súa actitude non pode ser máis irresponsable. O concello está sumido nun caos total e absoluto. Baste con dicir que somos o único municipio da provincia da Coruña que aínda non presentou a conta xeral, co cal miles de euros en subvencións, como as do Plan Marco, as do Fondo de Compensación ambiental, etc. se perderon. As decisións municipais do alcalde tómanse na taberna con xente allea ás decisións do pobo e dos cargos electos.

Ata onde pensa que chegan as inxerencias do actual alcalde?

Non respecta os procedementos administrativos. Créanse servizos municipais por decreto de alcaldía. Utilízanse os medios municipais para facer propaganda personalista. Mesmo como membros do goberno temos que enterarnos dos documentos oficiais no momento da súa publicación e se nos ten vetado o acceso ás plataformas dixitais de tramitación, incluso co adaxo da Ley de Protección de Datos se nos impide o acceso aos datos propios das nosas respectivas áreas de responsabilidade. Por si fora pouco, temos noticias de que o alcalde se reúne en organismos públicos acompañado de persoal municipal que, presuntamente, suplanta a personalidade de concelleiros e de funcionarios con rango de habilitación nacional.

O que se reflicte nos plenos....

É inevitable que no pleno se dé traslado desta situación que se está a vivir no ámbito interno, o cal a miúdo desencadea nunha situación incómoda para o alcalde que en lugar de dar explicacións opta pola vía da descalificación, do insulto e da confrontación directa.

Cales son os proxectos xalleiros que ao seu xuizo deberíanse de priorizarse dun xeito máis inmediato?

O primeiro é desbloquealo e metelo novamente no circuíto da legalidade administrativa. O Concello está paralizado e bloqueado por todas as institucións do Estado, desde a Xunta de Galicia ata a Deputación. Incluso, por primeira vez na democracia, os propios traballadores non cobran ao día e sofren diferentes retrasos nas nóminas porque, como para o señor Barbeira non existe a lei e non reporta os datos obrigatorios ao Consello de Contas sobre a situación económico financiera municipal, para saltarse todos os controles anuais establecidos polas administración superiores ocultando o estropicio que está facendo, pois están bloqueadas todas as axudas, subvencións, apoios económicos de organismos superiores e participación nos ingresos do Estado. E o peor é que o pasado, pasado está. Todas as axudas, moitas delas directas procedentes da Xunta de Galicia e da Deputación, xa se perderon e non é posible recuperalas, incluso algunha delas xa para o presente 2021 e tamén o 2022.

E a medio e longo prazo?

O segundo sería facer un plan de reactivación da economía local. Somos ó único concello que dentro do contexto actual non tomou nin unha soa medida neste sentido máis alá do postureo do señor Barbeira para a foto, co chaleco de protección civil, facendo que repartía en momentos puntuais mascarillas e xeles hidroalcohólicos.

Algo positivo na xestión municipal desde as últimas eleccións?

Que quen non coñecía ao señor Barbeira agora xa o coñece, con todo o que iso implica.

A asociación de empresarios decidiu hai tempo mirar cara á Costa da Morte, e non á capital de Galicia. Como valora vostede esta decisión?

A posición xeográfica de Santa Comba, nun epicentro de camiños entre Fisterra e Santiago e a Coruña e zona alta das Rías Baixas, fai que Santa Comba leve toda a vida mirando ao redor sen ningún tipo de discriminación. Os intereses e as relacións económicas, sociais e empresariais de Santa Comba sempre estiveron moi presentes tanto nun lado coma noutro. Na sociedade e na economía santiaguesa, sobre toda na inmobiliaria e hostaleira hai unha presencia xalleira moi importante. E o mesmo sucede para o lado da Costa da Morte, especialmente en Muros, Laxe, Noia, Portosín ou Carnota. Gran parte da poboación de parroquias que pertencen á Baña, Mazaricos, Zas ou Incluso Negreira, como As Maroñas, San Cosme, Muiño, Brandomil, Reguengo ou A Riva, fan moita vida en Santa Comba.

E a nivel institucional?

Tanto chegamos a ter acordos con Coristanco ou Zas, como con a Baña, Mazaricos ou Val do Dubra, tanto estivemos no Agader de Santiago, como no programa de drogas de Neria; tanto facemos un programa do Camiño de Santiago con Fisterra ou Muxía, como facemos un Obradoiro de Emprego conxunto con Dumbría, como con Val do Dubra ou Negreira. Nese aspecto o municipio sempre soubo aproveitar as vantaxes que sempre lle dou a súa posición xeográfica.

Que opinión lle merece a xestión dos seus concelleiros polo PSOE neste mesmo mandato?

A nivel interno, na Agrupación Socialista estanse a vivir os mellores momentos. Persoalmente nunca estiven máis satisfeito. Somos un grupo unido e cohesionado. Vendo o que está acontecendo noutros concellos, temos claro que a lealdade e o diálogo son moi importantes. Creo que a clave destes momentos tan doces que estamos a vivir internamente está en poder falar abertamente nas xuntanzas sen facer manobras por detrás . No aspecto do goberno municipal a cousa cambia, sentímonos como Sísifo, un querer e non poder. Todo o que traballamos polo día nas nosas concellarías, o señor alcalde o destrúe pola noite. Todo o traballo bate contra un muro levantado polo señor Barbeira que non fai nin deixa facer; torpedea e bloquea todo e ata os acordos e as decisións que se toman nas comisións de goberno alí morren, non van a máis e non se cumpren.

E a actitude do edís do Partido Popular dende a oposición?

Somos todos un cero á esquerda. A Corporación está sometida aos caprichos volubles dunha soa persoa.

12 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.