Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As grúas volven a tomar as dúas urbes amesás

A Maía. As grúas volven a tomar o skyline das dúas urbes amesás, O Milladoiro e Bertamiráns, ante a anunciada “demanda de vivenda” que avanzaran dende o Concello de Ames hai un ano. E están a levantar edificios en algunhas das zonas máis demandadas, como o entorno da Travesía do Porto e o paseo fluvial da capital.

En concreto, os técnicos anunciaban “despegue do Sector S15 no centro do núcleo urbano, zona que durante máis dunha década estivo bloqueada”, con dous novos bloques que se están a levantar “nunha rúa perpendicular á Travesía do Porto e ao carón da Escola infantil do Milladoiro. Poñeranse á venda 74 vivendas, ademais de locais comerciais e oficinas”.

E, por outra banda, tamén avanzan as da contorna de Rego dos Pasos onde as grúas seguen a traballar na segunda promoción de vivendas, 22 dun lado e 80 do outro, o que dará continuidade ao desenvolvemento desa zona. M. Outeiro

27 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.