Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As parroquias do norte terán unha maior frecuencia de autobuses a partir do luns 11

As melloras deseñadas van reforzar os momentos de máis desprazamento e incrementar as paradas

Ames. A Xunta de Galicia activa desde este luns, día 11, reforzos nas liñas de autobús entre Portomouro, no concello de Val do Dubra, e Santiago de Compostela, para mellorar a prestación do servizo ás parroquias do norte de Ames. As melloras deseñadas reforzan as frecuencias nos momentos nos que se realizan máis desprazamentos e incrementan as paradas dispoñibles para os cidadáns. Como novidade incorpórase un servizo ás 13.00 horas desde Santiago de Compostela a Portomouro, que funcionará de luns a venres durante todo o ano, atendendo a solicitude trasladada polo goberno local de Ames.

O itinerario da liña que conecta Santa Comba, Ames e Santiago de Compostela, que a día de hoxe ofrece dous servizos os días laborables con chegada á cidade ás 08.00 horas e saída ás 19.00 horas, incluirá paradas en Vilouta, Covas, San Mamede de Piñeiro, Portomouro, Ventosa e Pedras. A partir do luns incrementarase un servizo na franxa de primeira hora da mañá, o que permitirá á cidadanía destas localidades, xunto ás que xa había, dispoñer de tres expedicións para desprazarse a Santiago de Compostela antes das 10.00 horas durante todo o ano.

En época lectiva, a chegada á cidade ás 08.00 horas supón para Portomouro e as parroquias do norte de Ames ampliar a cobertura horaria dos autobuses que conectan con Santiago de Compostela pola mañá, puidendo chegar media hora máis cedo respecto dos horarios cos que contaban ata o momento. Tamén nesta tempada se axustan os horarios ao longo do día para optimizar o funcionamento xeral dos servizos.

Esta mellora da frecuenta horaria dos buses responde á petición do executivo local amesán e a da veciñanza, que levaba moitos meses queixándose da escasa frecuencia de autobuses, un problema que é máis intenso no rural. C. ESTÉVEZ

10 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.