Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As Súas Maxestadas visitarán Ames dende o 2 ata o día 5 de xaneiro

Estarán nos pavillóns do Milladoiro e de Bertamiráns e antes do 4 non se fai reserva

Ames. Os nenos e nenas de Ames non quedarán ser ver este Nadal aos Reis Magos, xa que o Concello confirmou que Melchor, Gaspar e Baltasar estarán no municipio dende o día 2 e ata o 5 de xaneiro. Para aqueles nenos e nenas, acompañados dos maiores, que queiran ir a velos, o Concello preparará os pavillóns municipais de Bertamiráns e O Milladoiro cunha decoración especial. “Desta vez non será posible acercarse e tocar aos Reis, pero si velos desde unha distancia prudencial”, recordan fontes municipais.

Para visitar aos Reis os días 2, 3 e 4 de decembro non será preciso reservar praza de xeito anticipado. É suficiente con acudir aos pavillóns polideportivos do Milladoiro ou Bertamiráns no horario de visita. As familias que acudan entrarán nas instalacións por orde de chegada “e sempre gardando a distancia de seguridade entre as unidades de convivencia”, recalcan. Pola contra para o día 5 de xaneiro si será necesario reservar praza previamente. Mañá, segundo informa o goberno local, publicarase na páxina web e nas redes sociais municipais a ligazón onde se poderá facer a reserva.

Os horarios para ver aos Reis Magos o sábado 2, domingo 3 e luns 4 de xaneiro será de mañá, de 11.30h a 14.00 horas, e de tarde, de 16.30h a 20.30 horas. Para o martes 5 de xaneiro o horario de recepción Real será pola mañá o mesmo, de 11.30h a 14.00 horas, e pola tarde amplíase media hora, polo que será de 16.30h a 21.00 horas.

O Concello solicita a toda a veciñanza a súa colaboración “para que se cumpran as medidas de seguridade e se manteñan as distancias, así como os tempos de visita que a organización marcará para que todas as nenas e nenos poidan desfrutar da visita dos Reis Magos”. C.E.

28 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.