Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As xornadas Acércate tiveron 80 participantes

Ames. A ilustradora Raquel Riba Rossy, máis coñecida como Lola Vendetta, protagonizou a undécima edición das xornadas Acércate, que organiza o Concello de Ames e nas que participaron preto de oitenta persoas. Raquel Riba Rossy ofreceu unha charla-coloquio, asinou libros e impartiu un taller no que lle ensinou ás participantes como se transforma unha preocupación nunha ilustración que teña vida propia.

As xornadas Acércate, que se celebraron no auditorio da casa da cultura de Bertamiráns, estaban previstas para o pasado día 4 de decembro de 2021, pero houbo que adialas e incluíronse na programación do 8-M que se está desenvolvendo ao longo deste mes de marzo na localidade.

Baixo o título Máis vale Lola... que mal acompañada, a artista convidada á mencionada actividade impartiu unha charla-coloquio na que preto de 80 persoas puideron introducirse nun espazo de benestar, reflexión, autocoñecemento e autocoidados.

Riba Rossy explicou como unha rapaza criada nun ambiente do Opus Dei chegou ao feminismo tras comezar a estudar Belas Artes en Barcelona. Segundo dixo, “un relato de vida que podía ser o de calquera de nós”. arca

08 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.