Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aseguran os regalos navideños para a rapazada ca campaña Zocos e Trasnos

Ames. A concellaría de Benestar Social presenta por sétimo ano consecutivo a campaña solidaria Zocos e Trasnos, unha iniciativa a través da que se pretende que ningún neno de Ames quede sen agasallo no Nadal. A campaña artéllase en base as cartas que a rapazada, os trasnos, escribe pedindo un regalo concreto. Os veciños que se apunten como zocos actuarán como paxes dos Reis Magos achegando ese agasallo aos puntos Trasnos que este ano se situarán nas dúas casas de cultura. O departamento de Servizos Sociais, a través da Oficina de Voluntariado do Concello de Ames, é a encargada de organizar a campaña. Máis información na oficina do voluntariado (anotacións nos teléfonos 662 377 044, 683 327 378 ou no email voluntariado@concellodeames.gal). Para a concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, esta campaña supón unha dignificación dos agasallos que se lle entregan aos nenos con familias en dificultades. M.O.

14 nov 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.