Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Aspiración amesá para reducir as emisións nun 40 por cento en 10 anos

En 2030 recortarase a contaminación das instalacións municipais un 11 % respecto a 2015

A Maía. O Concello de Ames comprométese co medio ambiente mediante un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (Paces) cunha achega de 11.000 €. Ademais, debido a súa adhesión á iniciativa europea Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía, deberá integrar os aspectos relacionados coa mitigación e a adaptación nas políticas, estratexias e plans relevantes no prazo de dous anos a partir da decisión do Concello. A meta pasa por baixar un 40 % as emisións en dez anos e que no 2050 chegue a neutralidade climática.

Este Plan de Acción é o documento que apoia este compromiso, tanto na enerxía sostible (Paces), que ten como obxectivo a descarbonización do territorio municipal, reducindo as emisións de gases de efecto invernadoiro no territorio municipal nun 40% para o ano 2030, tomando como referencia o resultado do inventario de emisións producidas no ano 2015.

No conxunto do plan, a maior parte da redución de emisións recae sobre o transporte. É significativo tamén o peso que teñen as accións para o sector residencial, especialmente polo seu efecto multiplicador e transversal que garantirán o éxito.

Manuel Lens, edil de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, indica que “o Concello de Ames prevé a redución das emisións dos seus edificios en instalacións e equipamentos en 2030 cun 11 % respecto ao ano 2015. Pretendemos conseguir ditos obxectivos aplicando medidas destinadas ao aumento da eficiencia enerxética en edificios, instalacións e equipamentos públicos, emprego de fontes de enerxía renovable, a adquisición de enerxía verde certificada e a información e concienciación dos empregados públicos municipais.”

Remata lembrando que o resultado de redución de emisións en 2030, con respecto aos gases de efecto invernadoiro emitidos en 2015, é do 40 %, polo que nunha década Ames estará na senda de alcanzar a neutralidade climática para o 2050”, un obxectivo que xa se fixou a UE. m.o.

24 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.