Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ata cento noventa comercios xa se beneficiaron dos Bonos Reactiva

Ames. O comercio amesán está de noraboa, porque as tarxetas Bono-Reactiva Ames que a concellaría de Promoción Económica puxo en circulación o 15 de setembro, utilizáronse xa en 189 establecementos, xerando unha media de 616 euros de negocio en cada un deles. Ata o momento gastáronse 116.478 euros, o que supón máis do 90 % dos cartos postos en circulación a través desta campaña. Quedan por gastar 11.182 euros que os posuidores das tarxetas poderán empregar até o 15 de novembro. E este venres poñeranse á venda 238 tarxetas-bono nunha carpa instalada na praza da Maía de 11.00 a 13.30 horas e entre as 17.00 e as 19.30 horas.

Trátase dunha tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames pon ao dispor das persoas beneficiarias unha axuda do 40 por cento do valor da mesma. Unha media de preto de duascentas operacións diarias e case catro mil euros invertidos ao día a través das tarxetas merc@mes, este é o balance da campaña das tarxetas Bono-Reactiva Ames que a concellaría de Promoción Económica puxo en marcha co obxectivo de contribuír á promoción do comercio local despois da crise motivada pola covid. En total vendéronse 2.584 tarxetas o que supón un importe neto de 127.660 €.

Cómpre salientar que o récord de vendas produciuse o 1 de outubro en que os clientes gastaron no comercio local 7.589 € en 251 establecementos. A esta cifra hai que engadirlle cinco xornadas en que se superaron os 6.000 euros de vendas. m.m.

15 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.