Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ata o 22 os amesáns poden solicitar axudas para o material escolar da cativada de 2º ciclo de Infantil

AMES. Ata o 22 de abril terán de prazo as familias amesás interesadas en obter axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Unha subvención que está dirixida ao alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil (curso 2020-2021) matriculados nun centro de ensino sostido con fondos públicos, no nivel de Educación Infantil (segunda etapa, de 3 a 5 anos). As unidades familiares solicitantes deberán estar empadroadas e residir de maneira efectiva no Concello de Ames no momento da solicitude. O procedemento para a concesión desta subvención será en réxime de concorrencia competitiva, mediante a comparación das solicitudes presentadas, a fin de establecer unha prelación entre as mesmas dacordo cos criterios de valoración establecidos nesta convocatoria, adxudicando, co límite fixado na base cuarta, aquelas que teñan maior valoración en aplicación dos citados criterios. A través desta convocatoria preténdese propiciar que, “mediante a colaboración financeira do Concello de Ames para a compra dos libros de texto e demais material didáctico precisos para o normal desenvolvemento da actividade académica, a poboación escolar integrada en familias con menos recursos dispoña do material educativo preciso para o normal desenvolvemento da súa aprendizaxe”, sinalan dende o goberno local. Centran o esforzo orzamentario nos máis pequenos, por ser esta a franxa de idade non cuberta pola Xunta de Galicia. As solicitudes poden presentarse no rexistro telemático, a través da sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello, sitas na casa consistorial e no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, así como na oficina municipal do Milladoiro. Tamén se poden presentar en calquera outro rexistro ao que se refira o artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de Outubro de Procedemento Administrativo Común das AAPP. C.E.

04 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.