Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ata tres liñas do Noitebús teñen paradas pola Maía

A Maía. O Concello de Ames lembra que existen tres liñas do servizo de Noitebús que poden aproveitar os seus veciños: a XG80401701 (Negreira, Brión, Bertamiráns, Ortoño, Santiago); a liña XG80401801 (San Salvador de Bastavales, Bertamiráns, Ponte Maceira, Negreira, Santa Comba) e maila XG80401901 (Pedrouzos, Bertamiráns, Ortoño, Milladoiro, Santiago).

Todas funcionan os venres sábados e domingos, pero só a primeira liña, a que une a capital barcalesa coa galega, está sempre activa. Deste xeito, as outras dúas (a de Bastavales a Santa Comba e de Pedrouzos a Santiago) funcionan baixo demanda, polo que é imprescindible solicitar dito servizo con antelación (na web bus.gal, app ou no tf 988 68 78 00, de 08.00 h a 20.00 horas de luns a venres), segundo a información da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta.

No que atinxe aos horarios de saída, é convinte revisalos, porque varían dende as 23.15 ás 06.30 horas. M.O.

04 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.