Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Atención temperá para 40 nenos de Dubra e Negreira

Barcala. A Unidade de Atención Temperá que xestionan Negreira e Val do Dubra traballa xa con máis de 40 nenos de 0 a 6 anos, despois de que en marzo de 2021 a incorporación desta unidade ampliara a rede.

“Ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes” que presenta a rapazada con trastornos no desenvolvemento ou no risco de padecelos, “para facilitar a súa autonomía persoal e a inclusión social”, dixo Mª Mar García, edil de Servizos Sociais, Muller e Igualdade de Negreira.

A UAT integral está formada por catro especialistas. Ademais da terapia ordinaria de ámbito físico, condutual, de linguaxe e cognitiva na que os pequenos teñen as súas sesións semanais e os pais un espazo onde sentirse apoiados, a unidade conta cunha liña de prevención.

Para dar continuidade a esta atención dos menores con diversidade, o Concello de Negreira xerou un espazo de traballo de menores de 6 a 14 anos, denominándose Servizo Terapéutico municipal, unha maneira proactiva de atender as necesidades.

Ademais, estase a estudar a posibilidade de ampliar a ubicación existente, traballando na localización doutros espazos. “Para nós é prioritaria esta unidade; no tempo que leva traballando, creouse un clima cálido e de confianza para as familias”, apuntou o alcalde Leis. M.O.

05 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.