Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Audicións cos virtuosos da Escola de Música do día 8 ata o 17 deste mes

A Maía. A Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra dende o 8 ata o 16 de xuño cinco audicións previas ao seu concerto de fin de curso, que terá lugar o 17 de xuño no aparcadoiro da casa da cultura do Milladoiro. Alumnos de guitarra, frauta, percusión, violín e canto demostrarán o aprendido ao longo do curso a familiares, amizades e compañeiras, nunhas audicións que se desenvolverán polas tardes no corredor central da propia escola, sempre en horario de tarde e non antes das 17.00 horas.

Alí interpretarán cancións de diferentes estilos musicais ante familiares, amizades e compañeiros e compañeiras. Pero tamén poderán asistir a estas audicións aquelas persoas que queiran ver o traballo que se realiza na escola, e que estean pendentes do prazo de inscrición para novo alumnado, que abrirá no mes de setembro. Os estudantes de guitarra serán os encargados de arrincar cas audicións o 8 de xuño ás 17.00 horas. Dous días despois, quenda do grupo de frauta, ás 20.00 horas; o luns 13 de xuño terá lugar a de percusión, ás 18.30 horas; o martes 14 de xuño actuará o grupo de violín, ás 19.00 horas e, por último, o alumnado de canto pechará o 16 (18.00 horas) esta serie de actuacións previas ó concerto de fin de curso. M.M.

07 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.