Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Augas elimina un punto de vertido de residuais no río Ulla en Pontevea

A orixe deste foco estaba no atranco
na rede municipal de sumidoiros de Teo

Teo/ A Estrada. A Xunta de Galicia informou onte da eliminación dun punto de vertido de augas residuais no río Ulla, ao seu paso pola localidade de Pontevea, no límite entre os concellos curuñés de Teo e pontevedrés da Estrada. Segundo explican desde o goberno galego, os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco nunha inspección tras o aviso dun particular ao Servizo de Emerxencias do 112.

Indicar que segundo os técnicos e o personal encargado da inspección, a orixe do punto de vertido nesta zona do Ulla estaba no atranco na rede municipal de sumidoiros de Teo, o que provocaba que as augas residuais se vertesen de xeito directo ao río a través dunha rede para o desaloxo de augas pluviais.

MOSTRAS Desde Augas explican, además, que no transcurso da inspección, e coa correspondente toma de mostra do vertido, os técnicos da Xunta comprobaron que os traballadores do servizo municipal de saneamento do Concello de Teo estaban xa iniciando os labores para o desentullo do colector.

Neste senido, suliñar que o persoal de Augas de Galicia realizou unha recente inspección á zona, na que verificou que a actuación municipal permitiu a emenda do punto de vertido. arca

31 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.