Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Augas remite a Padrón
o convenio para ampliar a rede de saneamento

Xunta e Concello investirán 1,15 millóns na actuación, a executar en catro meses

Padrón. A Consellería de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, vén de remitirlle hoxe ao Concello de Padrón a proposta de convenio de colaboración para impulsar a ampliación da rede de saneamento municipal. Unha actuación que se executará en seis meses e que supón un investimento de 1,15 millóns de euros que serán cofinanciados nun 80 % pola Xunta, con fondos Feder, e o resto polo Concello.

Na actualidade a rede de saneamento que finaliza na depuradora de Padrón non recolle as augas residuais dos núcleos de Herbón, Pazos, A Aduana, O Paraíso e O Pombal. Os núcleos da Aduana e Herbón contan con sistemas de depuración autónomos, fosa séptica e filtro precolador, nun estado de conservación deficiente; e na zona de Lestido, na parroquia de Iria Flavia, existen dous colectores paralelos á liña de ferrocarril con vertedura ao río Ulla.

Mediante o convenio, Augas propón a ampliación da rede de saneamento existente, de modo que se conecten á rede xeral para posteriormente ser conducidas ata a estación depuradora de Padrón as augas residuais xeradas en Herbón, e nos núcleos do Barco, Lestido, así como nos do Piñeiro, Vista Alegre, A Aduana, O Pombal, Peirao e O Paraíso, en Iria Flavia. s. e.

26 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.