Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Ames, Teo e Fisterra son os municipios máis beneficiados polo Programa de Emprego Local da Deputación // Destina na provincia un total de 1,8 millóns // O 62% das axudas recaen en entidades dirixidas por mulleres TEXTO A. Prada

Autónomos e empresas de Área reciben máis de 900.000 euros

A Deputación da Coruña destina este ano, no marco do PEL-Emprende (Plan de Emprego Local), un total de 1.859.144 euros para apoiar a 238 empresas de recente creación e autónomos da provincia na realización de investimentos vinculados ao desenvolvemento dos seus negocios. No caso dos concellos de Área de Compostela, o ente provincial achegará dese total, 914.716 euros. A concesión destas axudas implicará que as empresas beneficiarias poidan adquirir aplicacións informáticas, mobiliario, maquinaria ou equipos para procesos de información necesarios para o crecemento, modernización e dixitalización de todos os seus negocios.

Concretamente os autónomos e pequenas empresas do Concello amesá son os que percibirán unha maior achega en comparación co resto de municipios de Área. E é que o importe concedido é de 85. 348 euros. Teo sígueo de cerca ao facerse cunha subvención do PEL-Emprende de 74.950 euros. Fistera obterá 73.490 €; o Concello de Vimianzo recibirá a cantidade de 58.067 euros, Ordes farase con 53.481 €, e moi de cerca está Rianxo, que se beneficiará dunha axuda de 50.610 euros. Unha cantidade importante percibirá tamén Cee, con 43.663 euros. Síguenos Boiro (32.235 €) e Carballo, con 30.210 euros.

Respecto á distribución por comarcas, a da Coruña é a que conta cun maior número de solicitudes concedidas, o 24% do total, o que supón 433.518,76 euros en axudas, seguida da comarca de Santiago, cun 15% das solicitudes e 343.103,48 euros en subvencións, e das comarca de Ferrol e Fisterra, cun 8% das subvencións concedidas e 119.788,61 euros e 135.597,83 €, respectivamente.

Segundo explican dende o organismo provincial, a liña Pel-Emprende subvenciona ata un 70% dos investimentos das empresas, con aportacións que van dos 2.450 aos 17.500 euros. “O 62% dos beneficiarios son autónomos, seguidos por un 37% de microempresas, empresas que conta cun máximo de dez traballadores”, aclara a Deputación. Concretan asemade que máis do 62% das beneficiarias están dirixidas por mulleres e céntranse sobre todo no sector terciario. Ademais case o 90% enmárcanse neste eido, “no que destacan as actividades relacionadas co comercio, a hostalería e o turismo”, sinala o entre provincial.

O 98% das empresas que reciben axudas do PEL-Emprende 2020 non resultaron beneficiarias na convocatoria anterior, e máis dun 9% son empresas creadas no último ano. “De novo a Deputación aposta por impulsar as iniciativas emprendedoras de recente creación, na liña doutras accións de apoio ao emprendemento como a posta en marcha da Rede Provincial de Espazos de Coworking, que xa conta con seis espazos adheridos”, explica o presidente da Deputación, González Formoso. Ao coworking do Pazo de Arenaza en Oleiros, buque insignia desta rede, súmanse xa o coworing LAB Barbanza en Boiro, Transformando en Brión, coworking Carballo, coworking A Proa en Ames e Centro Comarcal de Apoio ao Desenvolvemento Rural en Moeche.

A maioría de solicitudes están concedidas a autónomos (148) e micro empresas, con menos de 10 traballadores (89). Só unha vai parar a unha pequena empresa.

“modernizar
o tecido empresarial”
Axudas
{ A OLLADA }
anti-covid
A. Prada

A CRISE ECONÓMICA que levamos anos padecendo viuse agravada a causa da pandemia, provocando que moitos pequenos negocios se vexan abocados a pechar. Estas axudas da Deputación son este ano máis necesarias ca nunca e é de agradecer que o maior porcentaxe da subvención esté dirixido aos autónomos e as microempresas (con menos de dez traballadores) dado que son as que máis están a sufrir as consecuencias da nova normalidade. Asemade o 90 % da cuantía irá parar aos sectores peor parados, como son a hostalaría, o turismo e o comercio. Non só se centran estas axudas nos pequenos negocios e nos sectores máis afectados, senón que tamén se dirixen, en gran medida, ás de nova creación. Un bo empuxón.

19 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.