Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Belén do Campo presentou en Vedra o programa, que conta con dúas liñas // A responsable de Patrimonio Natural visitou os xardíns do pazo de Santa Cruz de Ribadulla, incluídos na Ruta da Camelia e con elmentos catalogados TEXTO S. E.

Axudas ós concellos para divulgar e protexer ás árbores senlleiras

A Xunta de Galicia ven de convocar dúas ordes de axudas por un importe total de 40.000 euros dirixidas á conservación, protección, mellora e divulgación das 182 árbores e formacións incluídas actualmente no Catálogo galego de árbores senlleiras. Así o anunciou este luns a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, no marco dunha visita ao pazo de Santa Cruz de Rivadulla, na que estivo acompañada polo alcalde de Vedra, Carlos Martínez, e o dono da propiedade, cuxos xardíns están incluídos na Ruta da Camelia e destacan por contar con varios elementos catalogados como senlleiros desde hai anos.

Ao igual que na anterior convocatoria, a Xunta de Galicia publicou unha liña reservada especificamente para concellos ou agrupacións de entidades locais, dotada cun orzamento de 15.000 euros, e outra dirixida a persoas ou entidades sen personalidade xurídica, cunha partida de 25.000 euros.

Indicar que en ambos casos, segundo recollen as ordes, os beneficiarios deben acreditar a súa condición de propietarios dalgún elemento que forme parte do catálogo.

Entre as actividades subvencionables figuran a realización de podas e actuacións de formación e control da copa; a aplicación de tratamentos fitosanitarios; as accións de conservación e mellora do entorno; iniciativas de divulgación e sinalización; e a execución de estudos. As intervencións, que en ningún caso poderán terse iniciado antes da publicación das ordes, terán como data límite de execución o 30 de setembro de 2022.

Grazas a estas liñas de incentivos, a directora xeral Do Campo explicou que os beneficiarios poderán recibir unha contía equivalente ao 100 por cento do custo da actuación a executar nestes espazos, cun límite de 4.500 euros no caso de que a axuda sexa para intervir sobre unha árbore e de 8.000 euros cando se trata dunha formación.

CATÁLOGO. Lembrar que o Catálogo galego de árbores senlleiras é un rexistro público de carácter administrativo no que se inclúen todas aquelas árbores e formacións que en atención ás súas características excepcionais, merecen unha protección especial.

Segundo explican desde a Xunta de Galicia, trátase dunha ferramenta aberta e en constante actualización, na que poden propoñer a inclusión de elementos novos os seus propietarios, as administracións, os centros de investigación ou as asociacións e aquelas entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

De feito, desde a aprobación do seu regulamento no ano 2007, foi obxecto xa de diversas revisións e periodicamente sométense a información pública novas propostas para valorar a posible incorporación de exemplares con valores salientables. Nestes momentos, o catálogo suma xa 182 elementos —144 árbores e 38 formacións— pertencentes a 79 especies diferentes.

En canto a sua distribución por provincias, o maior número de árbores xenlleiras atópase na de Pontevedra, cun total de 62 (48 exemplares e 14 formacións), seguida de a da Coruña, con 54 (42-12); Lugo, con 39 (34-6), e Ourense con 26 das que vinte son árbores.

a protagonista
“atópanse nove elementos neste bic”
Belén do Campo
Directora xeral de Patrimonio Natural

A responsable de Patrimonio natural lembrou durante a súa visita que os xardíns desta emblemática edificación, o pazo de Ribadulla, localizada en Vedra, “conta cun total de nove elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras”. Concretamente, sete árbores, entre as que destaca unha espectacular camelia, e dúas formacións. Ademais, desde 2001 o conxunto formado polo pazo e as zonas verdes que o rodean foron declarados Ben de interese cultural (BIC), coa categoría de monumento.

{ cortina de humo}
As reliquias botánicas
Sol Elvira

segundo os expertos na materia, considéranse especies senlleiras aqueles exemplares de árbores que polas súas características extraordinarias ou destacables (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza, entre outras) son consideradas reliquias botánicas obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. Neste senso, a Xunta deu un importante paso coa creación e regulación do Catálogo galego de árbores senlleiras, a través dun decreto cuxa finalidade non é outra que protexer este patrimonio natural de posibles riscos e garantir a súa conservación. E o apoio periódico ás entidades responsables de divulgar e protexer estes exemplares presúmese obrigado.

14 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.