Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 24 septiembre 2022
15:32
h

Baixarán o consumo das farolas un 83 % na capital

Ames. O Pazo da Peregrina acolleu a presentación do proxecto de renovación da iluminación pública do núcleo urbano de Bertamiráns, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, e permitirá reducir o consumo eléctrico nun 83 por cento, tal como subliñou o rexedor, o socialista Blas García.

Dita actuación foi adxudicada á empresa Ferrovial Construcciones SA por un importe de 437.511,85 euros (IVE incluído). Os traballos principais consistirán na substitución de 940 luminarias convencionais por outras con tecnoloxía LED, de potencia inferior pero que achegarán un fluxo luminoso similar. Co novo sistema de alumeado LED redúcese nun 79 % a potencia instalada pasando a 40.40 kW.

A intervención, segundo explicou Pedro Antas, da empresa Giga Soluciones, está dividida en dúas fases; na primeira cambiaranse 651 puntos de luz e reducirase en 102,21 kW a potencia instalada, mentres que na segunda fase substituiranse 289 puntos de luz e reducirase a potencia instalada en 52,68 kW. Pola súa banda, a concelleira da unidade executora da EDUSI encargada deste proxecto, Susana Señorís, deixou claro que “o Concello de Ames leva anos apostando pola mellora da eficiencia enerxética nas súas instalacións”. M.M.

23 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.