Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Berro amesán e actividades contra a violencia machista

A Maía. A veciñanza amesá encheu a sala de exposicións do Pazo da Peregrina para participar no recente acto institucional do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. E na reunión, a concellaría de Benestar Social e Igualdade tivo unha lembranza para as 37 mulleres asasinadas por violencia de xénero en España no que vai de ano, colocándose outros tantos pares de zapatos, un por cada muller que foi asasinada por violencia de xénero ao longo do ano 2022, co nome das vítimas como maneira de visibilizar o espazo que ocupan as mulleres que faltan e a lacra que supón esta violencia. O acto comezou cunha charla-coloquio de María Angélica Mercado, especialista universitaria en Estudos de xénero e políticas de igualdade, abordándose os estereotipos de xénero e diversos conceptos sobre a feminidade. A continuación, a concelleira Luísa Feijóo leu o manifesto institucional con motivo do 25N asinado por todos os grupos políticos con representación na Corporación municipal do Concello de Ames, acompañándoa e tomando parte activa nesa lectura munícipes coma José Ramón Oulego e as súas compañeiras Escarlata Pampín, Oliva Agra, María Belén Castro e Genma Otero. Houbo actuación da Escola Municipal de Música e merchandising, sempre baixo o lema Que o meu machismo non se converta no teu problema. M. Manteiga

04 dic 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.