Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Bertamiráns contará cun polideportivo máis amplo

AMES. A xunta de goberno local aprobou a adxudicación das obras do polideportivo de Bertamiráns. Uns labores que contan cun orzamento de execución por contrata de 499.997,57 euros. O contrato ten por obxecto crear un novo módulo na súa ala sur. Este novo espazo atenderá, preferentemente, ás actividades de voleibol e baloncesto. Preséntase como unha prolongación ou anexo do actual, de tal forma que o lado curto do pavillón se convertería no lado longo do novo. A concelleira de Deportes, Susana Señorís, ve esta obra moi necesaria “pola actividade deportiva que se practica no concello, polas distintas disciplinas que se imparten nas escolas deportivas, así como pola alta demanda de espazos por parte dos clubs que temos no concello”. E engade que “con esta obra de ampliación contaremos cun novo espazo que permitirá flexibilizar os horarios das distintas actividades”. Con esta aumento preténdese atender a demanda de actividade de voleibol, patinaxe e baloncesto, e reformular e adaptar a deficiente proporción actual do edificio. Estas obras sumaranse ao proxecto xa executado de ampliación do pavillón de Bertamiráns, que conta cun anexo dotado dunha nova sala de ximnasio e unha pista de squash cuberta, así como a construción na área deportiva dunha pista de pádel, de baloncesto e vestiarios. C.G.

18 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.