Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Bertamiráns renovará a iluminación pública

Unha auditoría enerxética detectou que o estado físico e funcional das instalacións é ineficiente

Nos últimos anos o Concello de Ames está a apostar pola mellora da eficiencia enerxética nas súas instalacións, xa sexa en edificios ou na iluminación pública, contando con auditorías enerxéticas como mellor método de avaliación das infraestruturas existentes e tamén como mellor sistema para explorar posibles investimentos en materia de eficiencia enerxética.

En base á auditoría enerxética da iluminación pública municipal, realizada no ano 2019, o Concello de Ames pretende realizar unha renovación da iluminación pública do núcleo urbano de Bertamiráns (vías, sendas peonís, paseos, parques, etc.) adaptándose á normativa existente e tentando mellorar cualitativamente os aspectos da calidade lumínica, factores de cegamento e a contaminación lumínica.

O contrato ten encaixe na estratexia DUSI Impulsa Ames, dentro do ámbito do Programa Operativo Plurirrexional de España.

Despois de analizar a situación actual da iluminación pública da zona de Bertamiráns (o estado físico e funcional das instalacións e os elementos integrantes das mesmas), obtense que esta é ineficiente e o seu estado non é o correcto, debido fundamentalmente a factores de cegamentos altos, elevada contaminación lumínica de alta intensidade, defectos nas conexións a terras, réximes de iluminación moi altos en varias zonas... Así mesmo, unha boa parte dos elementos que compoñen as instalacións existentes no municipio son antigos e ineficientes.

Por este motivo considérase necesario levar a cabo unha reforma integral que actualice as instalacións existentes e incremente a eficiencia enerxética das mesmas, permitindo ao Concello optimizar os recursos, tanto económicos como humanos, dedicados ás mesmas.

O adxudicatario redactará un proxecto que comprenda as actuacións de mellora de eficiencia enerxética na iluminación pública de Bertamiráns, con detalle suficiente para a súa execución, de acordo ao exposto no prego de condicións técnicas e os requirimentos do Concello.

Finalmente, destacar que a mencionada actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional cunha taxa de cofinanciamento do oitenta por cento.

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.