Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Bertamiráns vai ter nova área de autocaravanas

AMES. O Concello de Ames contará cunha nova área de autocaravanas en Bertamiráns financiada nun 80% pola Deputación da Coruña. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, asegura que “este tipo de turismo, en constante crecemento, ten que ir acompañado de infraestruturas que posibiliten pasar a noite dos visitantes chegados de toda Galicia e da península. Máis aínda tendo en conta o potencial deste concello por mor da súa proximidade coa ruta xacobea”.

Pola súa parte, o alcalde e deputado de Promoción Económica, Blas García, explicou que “neste novo espazo poderemos acoller a moitos visitantes doutros lugares e dar a coñecer Ames”.

A nova infraestrutura contará cunha plataforma habilitada para 15 prazas cunha dimensión de 4 x 7,5 metros para cada unha delas. As obras, segundo o proxecto presentado, terán unha duración de tres meses e contan cun orzamento total de 50.982 euros. C.E.

02 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.