Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Blas García será o novo candidato amesán dos socialistas

A Maía. O secretario xeral dos socialistas de Ames e actual alcalde, Blas García, comunicou ante a executiva local a súa vontade de encabezar a candidatura do PSdeG Ames á alcaldía de Ames nas eleccións municipais do 28 de maio de 2023.

O rexedor socialista recibiu o apoio unánime dos presentes na xuntanza, aos cales agradeceu a confianza, e afirmou afrontar este reto “con ilusión” e “acompañado por un equipo con experiencia na xestión”. Do mesmo xeito, a decisión de ser candidato tamén foi comunicada esta semana á Executiva Nacional do PSdeG.

Dende os socialistas de Ames esperan obter uns resultados electorais “que permitan darlle continuidade aos proxectos iniciados para que Ames progrese na boa dirección” e afirman ser o único partido cun “proxecto definido para o Ames do futuro”. Ao fío, o alcalde indicou que xa comezaron a dar pasos nesta dirección durante esta lexislatura con actuacións importantes como a humanización da N-550 no Milladoiro ou co novo proxecto da améndoa central de Bertamiráns, pero tamén con importantes investimentos nos accesos e interiores dos núcleos rurais.

Nunhas semanas, os socialistas de Ames percorrerán as distintas parroquias que conforman o municipio coa vontade de escoitar as demandas de todos os veciños e veciñas, “porque gobernar é estar ao servizo da veciñanza e dar resposta aos seus problemas, e iso é ao que eu aspiro: seguir traballando por e para eles”, explica o alcalde de Ames, Blas García. En 2019 saíra elixido coma rexedor José Miñones, que foi nombrado delegado do Goberno, pasando a alcaldía a García Piñeiro. ECG

28 oct 2022 / 18:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.