Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boa estrea da campaña Merc@mes coa venda de 350 tarxetas bono

Facturáronse 16.000 euros que se traducen nun gasto de 30.000 nos negocios locais

Ames. No primeiro día da campaña Merc@mes xa se venderon 350 tarxetas bono (55 % de 100 euros e 45 % de 50 euros). En total, facturáronse uns 16.000 euros e xerouse un valor de negocio de preto de 30.000 euros.

As tarxetas bono están á venda na casa da cultura de Bertamiráns, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas. No Milladoiro poderanse adquirir entre as 11.00 e as 13.30 no local da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro (rúa Palmeira, 19).

Polas tardes venderanse no local da Asociación Palmira Boulevard (rúa Viorneira, 1) entre as 17.00 e as 19.30 horas. Tamén poderán mercarse nas carpas que o Concello instalará o venres na rúa Travesa do Milladoiro, e o sábado na Praza da Maía de Bertamiráns. Cómpre lembrar que a citada campaña desenvolverase en dúas fases. A primeira terá lugar do un de marzo ao un de maio. A segunda será do un de setembro ata o trinta e un de outubro.

Durante as dúas fases a clientela do comercio local pode mercar dous tipos de bonos: un polo que se pagan trinta euros e se obteñen cincuenta para gastar, e outro que custa sesenta euros e ten un valor á hora de realizar as compras de cen euros. m.b.

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.