Boqueixón abre o prazo dos cursos de natación
Boqueixón. O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscrición para os cursos de natación da tempada 2022. Serán en horario de mañá durante os meses de xullo e agosto nas instalacións das piscinas municipais do Forte. Van dirixidos a crianzas de entre 4 e 15 anos.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa solicitude presentando a ficha de inscrición (dispoñible na web municipal) e presentala por rexistro: a través da sede electrónica (https://sede.boqueixon.com/opencms/gl/) ou presencial no Concello. O prazo remata o 27 de xuño.
Os cursos dividiranse en grupos segundo a idade das crianzas participantes e as clases desenvolveranse en días alternos (luns-mércores e martes-xoves). Os grupos, horarios e número de participantes estableceranse de acordo cos anotados en cada grupo de idade. arca