Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Boqueixón acolle a comedia ‘DEP’

BOQUEIXÓN. O vindeiro domingo, día 23, chega a Boqueixón DEP, de Malasombra Producións. Trátase dunha trepidante comedia que mostra con moito humor o egoísmo, a mentira e o engado entre irmáns á hora de repartir unha herdanza. Será ás 17.30 horas na casa da cultura de Camporrapado. A obra está escrita por Pep Antón Gómez e Jordi Sánchez, e dirixida por Marcos Orsi. A actuación corre a cargo de Jouse García, Patricia Rodríguez e Xoque Carbajal. DEP conta ás súas costas co Premio Vigocultura (Concello de Vigo) 2019 e co Premio do público Mostra de Teatro de Malpica 2018. A obra chega a Camporrapado coa colaboración conxunta de Concello e Deputación da Coruña. C.E.

21 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.